UN BO DIA PARA COMEZAR

Hoxe é un bo día para abrir o blog. Porque hoxe é un de estos días que necesitas berrar e saír a correr polo medio do monte sen dirección algunha pero sen parar, ata que xa case non sexas capaz de respirar... Para eso de desestresarse! Entendédesme, verdad? 

Como todos sabemos, as cousas levan o seu tempo, pero a veces a desesperación supera a un. 
Cando en xaneiro de este ano comezamos a buscar un food truck, non nos imaxinábamos que estaríamos en agosto e todavía sin él. Pero así é. 
En marzo comezaron a arreglar a nosa grandullona e aínda está por terras toledanas... Supostamente tería que estar aquí no mes de xuño, pero a pobre estaba moi velliña e fixeron falta numerosas ciruxías estéticas e capas de maquillaxe para que quedase perfecta e lucise como unha moza de 18. Agora están a buscarlle un outfit acorde. Xa sabedes cómo funciona eso! E sobre todo en nós as mulleres, jajaja. (Temos demasiados complementos)

Bueno, centrémonos de novo. O problema é que a pobre non se dá visto TOP e non dá conseguido o billete para vir para Galicia, e mentres tanto, nós desesperámonos. Asegúrovos que se soupera algo de mecánica e chapa collíamos agora mesmo o coche para Toledo e íamos nós a rematala e buscala... 

Quero pensar que, como di o refrán, as cousas boas fanse esperar. 
Mentres, sigo desafongándome berrando porque se acabou o papel hixiénico, non queda leite na casa, hai roupa a moreas para lavar... ah, e escribindo a primeira entrada do noso blog. 

Gracias a tod@s pola espera, e pola tostada que vos soltei! Jajaja!

* Deixámosvos unhas fotos para que entendades mellor a situación. 

Escribir comentario

Comentarios: 0