PATRICIA & JAVIER / PAZO MONTESCLAROS

Esta voda foi especial para nós. Fai hoxe xusto un ano que nos demos o "sí quero" no mesmo lugar onde Patricia e Javier deciron celebrar a sua voda e o certo é que nos fixo moita ilusión volver a pasar o 3 de setembro no mesmo lugar. 

 

Chegamos a Pazo Montesclaros sobre as catro da tarde e todo estaba precioso. Juan e Elena, os xerentes, ultimaban xa as últimas cousiñas para que todo o Pazo estivera espectacular. Pouco a pouco foron chegando músicos, floristas, camareros, invitados... Todo un despliegue para que o evento saíse perfecto!

 

As nosas barras xa estaban listas. Decoradas por Richar del Toro, encaixaban á perfección co resto de decoración floral do Pazo con hortensias, rosas, verdes,... 

Javi, vestido de In&Formal, chegou súper puntual e pouco depois entraba Patricia nun precioso Jaguar, acompañada de seu pai. Estaba preciosa con un vestido de Tul Novias, e o seu ramo feito por Richar del Toro dáballe ese toque romántico pero silvestre. O padriño, como non, súper elegante. E as nenas de arras... creo que non fai falla dicir que estaban para comelas!!!

Qué recordos tan bonitos de ese momento me veñen á memoria... Cando camiñas cara o altar e ves a todas esas persoas que quixeron acompañarte nun día tan especial. E por suposto, o teu futuro marido ao fondo!

O grupo Flutello conseguiu poñernos os pelos de punta a todos acompañando a entrada da novia e do noivo e a saída dos xa recén casados. Os invitados sostiñan globos brancos que soltaron nese momento e fixeron nese intre unha atmósfera máxica. 

Rematada a cerimonia, os invitados puideron disfrutar de un aperitivo ao aire libre. As invitadas non tiveron problemas cos tacós, xa que Vintevents Fiesta encargárase previamente de colocar unha zona con cubretacós. Colocáronos de lado dun espello vintage con un orixinal mensaxe. 

Tamén se encargaron de colocar unha zona no salón onde máis tarde poideran cambiar os tacós por bailarinas e un "cigar corner" con tabaco para os convidados.

 

Chamáronme especial atención os cigarrillos con sabor a caipirinha e a fresa. Anotado queda para probar algún día!

Chegaba entón a nosa hora. Era o momento de sacar as cocteleras e poñernos a traballar! 

Para a súa voda, Javi e Patricia deixaron nos nosas mans a decisión dos cócteles. Só nos pediron. mojitos, caipirinhas, e vermouth. Debido á familia chegada de Brasil por parte do noivo, non podía faltar una boa Cachaça.

Finalmente decidimos engadir daiquiris de varios sabores, piñas coladas e electric lemonades. Foron un éxito total entre os invitados. Tanto maiores como nenos animáronse a probar os nosos cócteles. E créedeme que hubo quen repetiu, e varias veces!!! jajaja!!!

 

As nosas letras, que son un regalo que facemos a todos os noivos que contraten con nosco durante o 2017, quedaron perfectas nos xardíns do Pazo. E según foi entrando a noite todavía se vían más bonitas con esa luz que desprendían. 

Mentres tivo lugar a cea, cambiamos de zona as nosas barras e montamos todo no exterior do salón, para que os invitados poidieran seguir disfrutando de Cousa Rica mentres bailaban coa música de Orenberg.

Novoa foi o encargado de fotografiar o día, pero de momento deixámosvos con estas fotos sacadas polos invitados e por nós.

Un día, sin duda, para non olvidar nunca máis. 

¡QUE SEXADES MOI FELICES PATRICIA & JAVIER! 

Escribir comentario

Comentarios: 0