QUE VIVA O AMOR!

PHOTO BY DAVID DE BENITO

Todos os que entrastes na sección da web "O noso "cocktail truck"" poidestes ler cómo surxiu esta idea de negocio, de poder desplazarnos máis cómodamente, de poder abarcar máis tipos de eventos, de poder traballar tamén no inverno... 

Tal e como vos contamos alí, chegamos a Toledo buscando unha furgoneta, pero non unha furgoneta calquera, tiña que ser algo diferente. Despois de que nos camelase unha Mercedes Benz L319, e de descartala polas medidas que tiña, apareceu o noso minibús. 

 

Rondaban as 22:00h. e levábamos todo o día conducindo. Pero cando no taller nos falaron de que tiñan un minibús, e que era moi parecido á furgoneta pero variando as medidas, decidimos ir a velo. Total, qué máis daban 50 kilómetros máis que 50 kilómetros menos? 

Qué sensación indescriptible cando o vimos... Qué mezcla de sentimentos, de pensar "miña nai, esto está reventado", e "miña nai, qué bonito é". 

Sólo fixo falta alumarlle coas luces do coche, e xa empezamos a verlle xeito. Pero quedaba o máis importante, falar de presupostos. Marcáramos un máximo para invertir en este proxecto que como vos imaxinades, foise a paseo. 

Recibímolo, valorámolo e aceptámolo. 

 

Poñédevos en situación: prazo de entrega 3 meses, presuposto aceptado en marzo. 

Chega xuño e non está, chega xullo e tampouco, Dinnos que para agosto 100%, pero entramos en setembro e tampouco ten moito xeito de vir. En este tempo van mandando fotografías da reforma. Cada fotografía que mandan parece que nos gusta menos, será que o aburrimos de tanto velo no móvil, non sei. Seguen pasando as semás e xa estamos en outubro. Dende fai uns meses temos pagado un stand para estar presentes en ExpoBec (días 21, 22), así que poñémonos en contacto co taller, pero falta un papeliño para poder levalo á ITV. Malditas xestións, canta máis presa máis locer... 

 

Imaxinádesvos cómo estábamos? totalmente dos nervios. A decisión que tomamos? Subilo nunha plataforma para esa fin de semana. 

No momento en que chegaron con él ao centro da Coruña, a diante do Palexco, comezaron a vir curiosos, xente preguntando se era noso, de onde o sacáramos, se podían sacarlle fotos... Mirámolo, volvémolo mirar, mirámolo outra vez máis, e démonos conta de que era PRECIOSO! tíñanos completamente namorados, incluso máis que o primeiro día. 

Chegou un venres, e o sábado levamos uns vinilos provisionais para poder rotulalo. Cada cousiña que lle poñíamos, cada plantiña no exterior, cada detalliño, facíano todavía máis bonito. Foi un amor corto pero intenso. 

 

Agora mesmo, mentres escribo esta entrada, falamos no salón sobre cómo nos organizaremos o luns, cando o veñan a buscar para volver a mandalo para Toledo. Non queremos volver a despedirnos del, non, queremos quedar aquí con él. Pero non pode ser. Polo menos parece que desta vez nos van separar por pouco tempo. E despois, cando volva, volverémonos a namorar del, aínda máis que da segunda vez. E así que o rematemos, o arranxemos por dentro, lle poñamos ese papel pintado tan bonito que temos para él... despois vai a ser o amor da nosa vida.

 

Mentres tanto, consolámonos mirando estas fotos tan bonitas que lle fixo David de Benito (grazas David, por darnos algo co que poder recordalo mentres non está de volta)

 

 

 

¡QUE VIVA O AMOR!

Escribir comentario

Comentarios: 0