ESPERANZAS & OSTIAS

A entrada de hoxe será corta, con palabras duras, pero intensas.

 

Hoxe fálovos sobre ese sentimento tan capullo, a esperanza. 
Qué é para vós? Qué significa? Para min é unha especie de sinónimo, o mesmo a decir que a ostia que vou levar vai ser o doble de grande do que eu creía nun principio, e perdoade a palabra... Pero é que para ésta sí que, agora mesmo, non encontro sinónimo, ten que ser esa: ostia. Non me vale golpe, nin cacharrazo, soamente ostia... Ostia ostia ostia e ostia das de verdade. 
O mércores día 22 collemos un avión hacia Madrid, coa gran ilusión de que por fin a nosa Mercediñas viría para casa definitivamente. O plan era intentar traela por carretera, e xa levàbamos asumido que ía a ser moi complicado que aguantase todo o viaxe sen romper. Pero era a nosa proba de fogo, a forma de saber se o motor estaba para aguantar todo o verán ou deberìamos aproveitar para cambialo agora no inverno. 
Saímos dende Mocejón, en Toledo, e deunos un pequeno susto xa en Getafe, pero recuperouse e aguantou como unha campeona. 
De noite non aguantábamos co frio e decidimos parar a dormir cerca de Segovia. Ao día seguinte encendiu ben, costoulle un pouquiño porque non lle gusta dormir fóra ó frío, jeje. Pero encendiu. 
Ahí é cando chegou ese jodido sentimento, a esperanza. Comezamos a pensar e facernos ilusións con dar chegado con ela á casa.
O motor ía ben, collía velocidade (llaneando e costa abaixo, pa riba xa era outro tema), xa non levábamos frío...  Todo era perfecto.
Pero en Medina del Campo parou. Non era un problema de motor, Jorge dí que foi a transmisión, que "gripou o grupo". Eu non teño nin idea de esto, así que non vos podo dar unha segunda opinión.
E así foi o final da nosa historia, onde perdemos as esperanzas e nos metemos a"ostia" (e onde chamamos á grúa....).

Escribir comentario

Comentarios: 0