BOÜRET & COUSA RICA

Recordamos perfectamente o día que recibimos aquel mensaxe de Noela&Vanessa, as creadoras de Boüret...

 

Foi tras a fin de semana de ExpoBEC Coruña.

Xa estábamos nunha nube tras a aceptación e o éxito da nosa Mercediñas neste coñecido salón de vodas, e para explotar de felicidad chegounos un mail de Vanessa pedíndonos info para facer algunhas cousas ricas na inauguración da nova tenda que estaban a preparar. 

 

Eu xa coñecía a Noela, porque cando decidimos casar estiven en Boüret probando vestidiños, e aínda que o meu escollido non foi un dos seus deseños, recordo aquelas telas tan bonitas e os deseños tan románticos que tiñan. 

Quedamos para falar con elas e tan pronto como rematamos e saímos pola porta, tanto Jorge como eu dixemos: "Qué guais e qué majas son! queremos facer este evento!"

 

E así foi como Noela e Vane nos concederon a honra de formar parte da inauguración da súper tenda de Boüret!

 

Acercámonos o día anterior á apertura, para ter todo controlado, e saber qué necesitábamos e onde nos íamos colocar. 

 

Alí estaban Anxe e Elena, de Ai!Carmiña, como sempre facendo maravillas coas flores. Elas foron as encargadas do escaparate de Boüret e de ese arco da entrada que era todo { LOVE }. O seu traballo consistía en recrear un bosque, e anda se o conseguiron... Os vestidos da colección Pasatempo quedaban preciosos no medio das súas floreciñas. Dende logo, son unhas artistas. Todo o que tocan convírteno en maxia. 

 

Vane e Noela, as anfitrionas, estaban súper tranquilas, como boas profesionais notábase que estaba todo controlado!

 

 

 

E por fin chegou o gran día, O día da gran apertura de Boüret San Andrés!

Temos que recoñecer que nós sí estábamos un pouco nerviosos, a pesar de que levábamos todo súper preparado ese "medo" á reacción da xente sempre está presente. Creemos no noso traballo, gústanos e estamos seguros ao 99% de que vai a ser un éxito, pero ese 1% de duda está ahí, e pensamos que é bo, porque eso é o que fai que sempre nos esmeremos como se fose o evento máis importante do mundo. 

Un día moi moi moi importante para esta importante firma, unha espectacular tenda na Rúa San Andrés, E como non podía ser de outra maneira, equipazo para que todo saíse perfecto!

 

Como vos dixen máis arriba, a decoración floral correu a cargo de Ai!Carmiña, encargándose de escaparates, entrada da tenda e diversa decoración do interior. Todo quedou espectacular!

Da música encargouse Más Músic, que amenizou todo o evento con cancións españolas, versións, temas máis modernos... Fixeron que todos os asistentes se animasen e se encontrasen todavía máis agusto se cabe. 

Como con tanto baile, apetece algo fresquiño para beber, nós puxemos os cócteles e un té frío para quen lle apetecese tomar algo máis refrescante (máis adiante explicámosvos qué pensamos para este día tan especial) e Vane e Noela tamén nos encargaron unhas piruletas que quedaron súper bonitas. 

Para que os cócteles non se subiran á cabeza, jeje, House Bakery preparou un montón de rinconciños con cousas moi ricas. Croissants, doughnuts, sandwiches... Todo tiña unha pinta estupenda! 

E con tanto mimo en todos os detalles, non podían faltar unhas fotos ben bonitas do día. Por eso, estivemos acompañados de David de Benito, que foi o encargado de inmortalizar todas estas cousiñas e deixounos un recordo magnífico do que foi a apertura de Boüret San Andrés! (Todas as fotos desta entrada do blog están feitas por él)

Dende o primeiro contacto que tivemos con Noela e Vanessa, comezamos xa a pensar en qué cócteles serían o suficientemente elegantes para un evento de tal importancia, que fosen sofisticados, románticos e como non, moi ricos! Así que comezamos a darlle a cabeciña e optamos por tres variedades que foron todo un éxito!:

 

- ALGO AZUL: Creámolo inspirados nas tradicións de voda, concretamente no "algo azul".

Leva unha base de vodka, e añadimos un toque de un licor dulce pero lixeiramente amargo de color azul intenso, fabricado coas cáscaras dunhas naranxas amargas traídas dunha isla do Caribe. Decorámolo con flores de cores intensas para conseguir un contraste bonito e continuar con elementos típicos de unha noiva (o ramo).

Como detalle final, engadimos amouras de ouro. O contraste co azul e as flores era maravilloso. Ademáis, díse que as alianzas deben ser en este material, xa que é un metal que dura eternamente e porque a pesar dos anos sigue brillando como o primeiro día.  

 

- DAIQUIRI DO PASATEMPO: Eleximos este cóctel porque Vane díxonos no seu momento que o daiquiri era dos poucos que lle gustaban. Unha base de ron, sabor a mango e limón, e preparado na súa versión "frozen".

O sabor elexido foi o mango pola cor desta froita e por ser unha froita tropical. Decorámolo con lima deshidratada importada de México, facendo alusión ás mulleres emigradas a América, e pensamentos e margaritas que nos recordan ao campo e as flores silvestres. Intentamos guiarnos polo concepto da colección que presentaban en Boüret: Pasatempo. 

- SUSPIRO DE NOITE: Este cóctel foi un dos elexidos por experiencia persoal. Creo que a tod@s nos ocorre que o día da nosa voda, cando chega a noite e se termina a festa, suspiramos tristes porque rematou, pero tamén felices polo que significou este día. 

É un cóctel moi diferente, sofisticado, e con sabores pouco habituales. Está feito sobre unha base de vodka con sabor a Açai, unha froita de unha palmera que crece de forma silvestre na selva ao norte de Brasil, nunha zona chuviosa e húmida. E con St. Germain, un licor de flores de saúco 100% naturales e salvaxes que se colleitan tan só durante as últimas 4-6 semanas da primaveira. Ademáis leva un toque de sabor a violetas. 

Servímolo en copa de champán, para darlle un toque de glamour, e decorámolo con algodón de azúcar, para seguir a temática do que vives no día da túa voda (estar nas nubes...).

- TÉ FRÍO DE LIMÓN E PEPINO: Esperábamos, como non, que a asitencia a este evento non fose sólamente femenina, e queríamos ter en conta que non a todo o mundo lle apetecería tomar un cóctel. Polo cal, pensando en algo sen alcohol que tamén fose masculino, pensamos en un té frío.

O sabor elexido foi de limón e pepino, Esta combinación xa era todo un éxito cando abrimos o Area Chill Out, e poidemos comprobar que a día de hoxe segue gustando como o primeiro día. 

 

Para rematar a nosa oferta, Noela e Vanessa pedíronnos unhas piruletas para regalar aos asistentes. E igual que fixemos cos cócteles, intentamos facer algo que fose acorde á Boüret e á colección Pasatempo. 

Eleximos catro variedades: Algodón de azúcar con flores comestibles e ouro de 24 kilates, froitas do bosque tamén con flores comestibles, champán con rosas (estas feitas con un producto especial para diabéticos e celíacos), e por último unha novidade para nós, unhas piruletas con papel comestible co logo da firma, purpurina de cor turquesa e sabor a lima. Para poñerlle o broche final, fixemos unhas etiquetas con papel kraft e vexetal co logo e a dirección da tenda "San Andrés 69/71".

 

Recoñecedes al alguén nas fotos? Como non podía ser de outra forma, en este evento tan especial non faltaron un montón de caras coñecidas, tanto do mundo da moda como do mundo vodil. 

Por ali pasaron coñecidas bloggers como Iria, de My Blueberry Nights, Natalia @nataliamunn, Laura de Poppy Red by Lau, Natalia de Little Classic Pearl...

Do sector vodas estiveron os nosos queridos Cris e Diego de Lobos Video&Emotion acompañados polos grandes Boquerón á Feira.

Tamén fixo a súa visita Moi, María e Vero de Otro Rollo Produccciones e seguro que máis profesionais coñecidos pero que non tivemos tempo a ver mentres traballábamos. 

En resumo, un día cheo de cousas bonitas, grandes profesionais en todos os aspectos, alegría, amor e moita felicidade.

 

Gracias Vanessa e Noela, por deixarnos formar parte da vosa historia e de un día tan importante na vosa traxectoria. E gracias por deixarnos disfrutar desa tenda tan bonita e que tantos éxitos e alegrías vos vai a dar. 

Desexámosvos dende aquí moitísima sorte! Que Boüret siga cruzando fronteiras e que vós sigades sendo igual de xeniais! 

 

Non podíamos rematar esta entrada do blog sen darlle as gracias a Lore e Rafa de Huis Clos Interiorismo, porque gracias a eles e a súa recomendación Boüret contactou con nós para este evento tan especial. 

E como non, a David de Benito por capturar estos recordos que quedarán na nosa memoria para a eternidade. 

Escribir comentario

Comentarios: 0