UN ABRIL DE DESPEDIDAS

En un "pis-pás" todo pode cambiar. E eso é o que nos tiña preparado o mes de abril para nós.

Un mes triste por unha parte, feliz por outra, e moi moi moi triste por outra. 

 

En marzo todo iba ven. A familia estaba ben, os avós con boa saúde, había traballiño... pero de repente todo cambiou. 

Como ben sabedes os que nos coñecedes ou os que lestes o apartado de "Coñécenos" de esta web, Giulietta era a nosa nena bonita. Un proxecto que comezamos no 2011 e que nos trouxo miles de alegrías, amigos, borracheras e risas, E para qué enganarnos, tamén algunha que outra lágrima. 

Foi a droga que nos enganchou a esto da coctelería, a querer dedicar nosa vida á hostelería, a disfrutar de eso de "traballar para que os demáis o pasen ben", como lle digo a miña nai. 

 

A partir do entroido comezamos a darnos conta de que o ocio nocturno deixara de ser a nosa guerra, que a maneira en que nós queríamos traballar non servía para esto. Giulietta sempre foi atendido con moito cariño, ata o último momento. Pero cando algo non funciona como ti queres que funcione, é mellor asumilo e tomar unha decisión. 

Cousa Rica crecía nese momento a un ritmo abismal, e pedíanos a gritos máis tempo do que podíamos darlle, polo cal tíñamos que facelo. Rematar unha etapa para comezar outra. Neste punto, foi cando abril comezou a ser o mes das despedidas. 

 

Con moita pena, pero felices por todo o que alí conseguimos, e orgullosos do que chegamos a facer de Giulietta, decidimos decirlle adeus o 22 de abril. Marcamos a data, avisamos aos nosos clientes, qué digo clientes? AMIGOS, e esperamos con tristeza pero ilusión a que chegase o día. 

 

Pero o destino non iba a deixar que abril fose así de fácil. Cerrar unha etapa e comezar outra?? Noooo, Demasiado fácil!

 

Todo o demáis iba ben, pero o día 13 de abril recibimos unha chamada avisando de que a avoa iba para o hospital. Non parecía nada grave, máis que un achiquiño aos que nos tiña acostumados. O domingo, o último día que a vimos desperta, todo parecía que iba rodado. Xa empezaba a sacar ese xenio que tanto a caracterizaba, empezaba a ter ganas de reñer co abuelo, Pensábamos que todo iba a mellor! 

Pero non, non foi a mellor. E o martes, cando chegamos ao hospital outra vez, xa non a poidemos volver a ver despertiña. Estaba nun soño do que nunca despertaría. 

 

Moitos de vós seguro que vivistes ese momento, ese instante no que os médicos che comunican que xa nunca máis vai a despertar e que é o momento de despedirse. Non podíamos creelo, unha muller tan traballadora, loitadora e forte como ela... 

Pero así é a vida, como dixemos en outra entrada do blog, está chea de "esperanzas e ostias", e esta foi unha das ostias (con perdón da palabra) máis grandes que nos deu a vida. 

 

Despedímola como se merecía, todos xuntos, unidos, porque a pesar de que somos unha familia de armas tomar e sempre estamos a discutir, querémonos ata o infinito, E alí onde esté ela agora, seguro que está controlándonos e levantándonos a escoba de vez en cando para que non nos pasemos da raia! 

 

Así foi o mes de abril, un mes de despedidas...

 

 

 

 

 

 

O VALOR DOS RECORDOS. 

 

Unha das fotos máis bonitas que nos queda de ela, o día da nosa voda, co seu peliño blanco, as súas gafiñas e toda requeteguapa. 

 

GRACIAS GRACIELA VILAGUDÍN POR ESTE MARAVILLOSO REGALO !

 

 

 

ALÍ ONDE ESTÉS, MANDÁMOSCHE UN BESO ABUELA. QUERÉMOSTE

Escribir comentario

Comentarios: 0