un pouco sobre nós

PHOTO BY GRACIELA VILAGUDÍN

Non sabemos por qué todos se sorprenden cando se enteran, pero sí, somos marido e muller. 

 

Silvia comezou a traballar xa dende moi xoven no mundo da hostelería (mellor non falar de idades...) e Jorge tivo un pequeno contacto co sacachapas na súa época dos 20, aínda que xa levaba xenética do seu avó Pepucho, propietario de un coñecido bar da zona.

 

Como non podía ser de outra forma, coñecémonos entre whisky, xenebra e música, Non pasou moito tempo despois de comezar a saír xuntos cando nos decidimos a coller o mando do noso primeiro negocio e abrimos a nosa "nena bonita", como nos gusta chamarlle a nós: o Giulietta. Foi entón cando, da man de un bo amigo e gran profesional (Richi, mándamosche un bico dende aquí), descubrimos o mundo da coctelería. Comezamos pouco a pouco, sen imaxinar que iso de "mesturar e axitar" nos roubaría o corazón. 

 

Pasaron uns anos, era a noite de San Xoán e fomos parar a Malpica. Entre unha cervexa, e dúas, e tres,... a outro bo amigo do mundo da taberna (Ángel, non te celes, outro bico para ti tamén), ocorréuselle a maravillosa idea de xuntar Estrella Galicia con Mikolápiz. Sí si, o xeado de toda a vida.

Caemos nun pequeno chiringuito de praia, con ventos do nordés e sen queimada. A pesar da cerveza (e do Mikolápiz) enseguida vimos o que alí se podía facer. Unha situación privilexiada, un lugar con encanto e, sobre todo, un novo reto. Sen saber aínda moi ben cómo, chegou o verán e xa estábamos embaucados na nosa seguinte andaina, o Area Chill Out. 

 

Cántas discusións nos costou, cántas teclas de calculadora, horas diante do ordenador, horas de traballo, probas, kilómetros, chamadas de teléfono... cánto traballo pero cánta felicidad nos xenerou. ¿Sabedes o refrán que dí "Busca un traballo que che guste e non traballarás na vida"? Pois é certo!

 

Foi alí onde descubrimos máis a fondo este maravilloso mundo da coctelería, onde poidemos comezar a experimentar con novos productos, novas texturas, novos sabores... dous anos de completo e continuo aprendizaxe.

Gracias, todo hai que dicilo, a esos clientes que se deixaban aconsellar, que probaban todo canto había na carta e nos daban a oportunidade de facer cousas novas todas as semanas, porque sen eles non faríamos nada.

Cada vez que recordamos todo o que saía de aquel pequeno localiño da praia sáenos esa sonrisa tonta, e a día de hoxe todavía nos sorprendemos de todo o que chegamos a conseguir.

 

Foi a partires de aquela experiencia cando soupemos que queríamos dedicarnos por completo a isto, a mesturar, probar, crear, aconsellar, sorprender, aprender, sacar sorrisos...

 

É nese momento cando nace COUSA RICA.