un minibús mercedes benz

Gústanos diferenciarnos do resto de empresas na calidade dos nosos productos, pero tamén damos moita importancia á nosa imaxe e á nosa forma de traballar.

 

Durante a realización dos eventos do 2016 démonos de conta de que necesitábamos gañar en comodidade e rapidez de montaxe, xa que é moi habitual que en determinado tipo de eventos como son as vodas prestemos os nosos servizos en dous momentos diferentes (por exemplo aperitivo e barra libre).

Tamén necesitábamos dar un paso máis na nosa imaxe e en comodidade á hora de traballar en fincas privadas ou recintos con servizos de catering, e dar solución aos eventos que non podían levarse a cabo con barras.

Así que comezamos a buscar un "cocktail truck". Tíñamos claro que non queríamos unha Citröen, porque xa había demasiadas, e que tiña que ser algo non moi visto e que tivera espacio, e por suposto que poidese circular por carretera.

Despois de visitar moitos talleres por toda España e de tolear intentando encontrar información acerca de este tema, que non é fácil, chegamos a Toledo. Alí namorámonos dunha furgoneta Mercedes Benz, pero non nos servía para nós, porque era demasiado alta. Entón o propietario do taller comentounos que tiña un minibús que mercara para él pero que quería vendelo. Se nos interesaba, podíamos adaptalo para nós.

 

Recordamos que o mercamos un día de noite, alumando coas luces do noso coche, pero foi un flechazo absoluto e xa non volvemos a encontrar nada que nos gustase máis. Así que o elexido foi un minibús Mercedes Benz do ano 1967. 

Tras 4 meses de reparación, desesperarnos, e outros catro meses de non sabemos moi ben o qué, por fin o noso cócktail truck chegou a Galicia. Todavía sen rematar, xa que queríamos terminalo nós mesmos con papel pintado, madeira,... pero xa se vía todo o potencial que este vehículo tiña. 

PHOTOS BY DAVID DE BENITO

Circulamos con él por carretera, así que podemos chegar a máis lugares e a máis variedade de eventos. Gracias ao seu tamaño, tamén é posible facer colaboracións con outras empresas e traballar ambos dende o seu interior. E se o que necesitas é un vehículo para unha campaña de publicidade do teu producto, só tes que chamarnos para ver cómo poderíamos colaborar.

 

O noso cócktail truck brindará ese toque de distinción, elegancia e innovación. É unha peza de coleccionista, un vehículo único no mundo que deixará asombrados a todos os asistentes e que será obxeto de miradas e fotografías. 

PHOTO BY DAVID DE BENITO

a historia do noso minibús

Pouco poidemos averiguar sobre o noso minibús. Sabemos que é un modelo O319 e que estos vehículos foron realizados por ENMASA (Empresa Nacional de Motores de Aviación, S.A.) a cal tiña licencia Daimler Benz A.G.

 

A orixe da Empresa Nacional de Motores de Aviación, S.A, está en 1908, cando Arturo Elizalde Rouvier funda a empresa J.M.Vallet y Cía, que en 1910 pasaría a denominarse Biada, Elizalde y Cía. e en 1915, Automóviles Elizalde. Ata 1924 fabricáronse en Barcelona os prestixiosos automóviles Elizalde, a gran firma española de automóviles anterior á Guerra Civil, xunto con Hispano Suiza. A partires de 1924, Elizalde centrouse na producción de motores de aviación.

En 1951 Elizalde, S.A. transfórmase en ENMASA, integrada no INI. A aviación moderna non auguraba éxitos para ENMASA, e en 1959 empezan a fabricar o motor P11, de 49 CV en versión diésel, con usos, entre outros, dedicados ao transporte.

En ese 1959 ENMASA negocia con Daimler-Benz a construcción baixo licencia de furgonetas e ómnibus Mercedes-Benz con motor Diésel  OM-636, que empezou a comercializarse en 1962, sendo taxistas os seus potenciales compradores. Montaban este motor de serie as DKW F1000D de IMOSA, e proviña da berlina Mercedes-Benz 180 alemana.

En 1963 comézase a comercializar a furgoneta Mercedes-Benz L319D, con motor OM-636 de 4 cilindros, 1967 c.c. e unha potencia de 46 CV a 3500 rpm. Este vehículo víñase fabricando en Alemania dende finais dos anos 50. Levaba rodas xemelgas no eixe posterior para soportar mellor a carga. Equipou a varios organismos públicos, como a Dirección Xeral de Seguridade o o Servizo de Correos.

E ahí foi cando se presentou tamén en versión ómnibus, coa denominación O-319D, capaz de transportar ata 14 pasaxeiros.

 

O prezo para a versión furgoneta era de 269.800 pesetas mentras que a versión de chasis con cabina era de 246.300 pesetas. O prezo estimado para o microbús era de 366.600 pesetas.

 

Creemos que o noso pertenceu a unha conserveira (Consiber S.A.), e que era empregado para levar aos seus traballadores, pero pouco máis sabemos acerca del.

Só que estaba moi demacrado cando o mercaron e que non quedan máis modelos como este en España nin en todo o mundo.