A NOSA MANEIRA DE TRABALLAR, ¿POR QUÉ NÓS?

Silvia é todo arranque, carácter. A súa paciencia é limitada e gústanlle as cousas ben feitas, no seu momento. Aínda que pola contra é moi sensible, emociónase demasiado e vive todo dun xeito moi intenso, como se se acabase o mundo...

Jorge é todo tranquilidade, paciencia, relaxación, un gentleman! É o que trema de Silvia cando se lle agota a paciencia ou se olvida dos ceros que soporta a súa tarxeta de crédito cando están organizando algo. 

Por todo isto, estamos continuamente discutindo... Pero curiosamente pasan os anos e seguimos xuntiños e queréndonos cada día un pouquiño máis. Somos un equipo!

 

Preparamos con mimo e cariño todas as cousiñas necesarias para ese día. Un servizo orixinal e delicioso que encantará a todos os invitados. 

Ofrecemos servizos de coctelería, vermouth, gin tónic, frappé e smoothies, tés fríos, bar e ata unha barra de cafetería para os que buscan un servizo máis extraordinario. Todo un abanico de opcións orientadas a todo tipo de eventos e a tódalas idades.

Os nosos servizos poden ser empregados en inauguracións, aniversarios, cumpreanos, vodas, comunións, feiras gastronómicas, concertos... Temos opcións para todo tipo de ocasións.

 

Empregamos sempre productos de primeiras marcas e coidamos moito as nosas presentacións. Para isto, empregamos variedade de cristalería coidadosamente seleccionada, frores, froita fresca e deshidratada e todo tipo de elementos decorativos que intentamos personalizar e combinar ao máximo para o voso evento.

Do mesmo xeito, adaptamos a nosa indumentaria e decoramos as nosas barras acorde ao estilo do lugar onde transcurrirá o día con telas, papeles pintados, xarróns, prantas,... Todo o que te poidas imaxinar e todo o que nos queiras propoñer, nós imos tentar levalo a cabo. Porque cada persoa e cada evento son únicos, e a nosa imaxe tamén. 

 

Ademáis, contamos cun cocktail truck, un minibús Mercedes Benz do ano 1967 que brindará ese toque diferente. De esta forma podemos abarcar máis zonas e tamén movernos máis rápido na zona onde teña lugar o evento. E dende logo, os asistentes quedarán abraiados ao velo, xa que é un vehículo único en España e unha peza de coleccionista.