PORQUE TODOS SOMOS LARPEIROS...

Xa volo dixemos, calquer ocasión é boa para celebralo con Cousa Rica... E por se non sodes de lambonadas "líquidas" tamén vos ofrecemos a opción en versión "sólida", jeje. 

 

Non sabemos nin cómo comezou esta nova andaina, pero en algún momento encontramos unha receta perdida da cal surxiron unhas piruletas (por se vos come a curiosidade, as primeiras foron de piña colada!). Esta idea foi avanzando e crecendo ata que un bo día decidimos comezar a compartilas con todo aquel que quixese. E así foi como, gracias a idea da nosa querida Mayka de Woodding, surxiron as "Riquiñas".

 

As nosas piruletas "riquiñas" son un regalo perfecto para calquer tipo de celebración, tanto aniversarios como vodas, xuntanzas de amigos,  publicidade de empresa ou incluso para promoción de calquer tipo de evento como feiras gastronómicas, actos sociais.... Tanto en pequenos encargos para particulares como importantes pedidos personalizados para grandes marcas, será un placer para nós aportar un pouco máis de doce a eso tan importante que vos traedes entre mans...

 

A continuación poderás ver estas pequenas creacións, que facemos unha a unha, de xeito artesanal, con moito mimo e con moito LOVE (como todo o que sae de Cousa Rica).

 

Pincha no nome de cada sección e descubre o que se esconde detrás dela!

Disfruta!!


 AS FEITIÑAS

 

Piruletas básicas, aínda que non por iso menos feitiñas e bonitas. Con sabores, cores, e sen nada máis, A fermosura da sencillez.

 AS DA HORTA

 

Sin sabores artificiais, elaboradas con productos da terriña. Só co sabor que éstos lle proporcionan



AS CARMIÑAS

 

Porque as flores sempre son unha boa opción, non podían faltar piruletas con flores naturais no seu interior.

AS RABUDAS

 

Marmoleadas, con distintas combinacións de cores e formas. Todas diferentes, salen como a elas lles dá a gana... jeje.



AS AMOROSAS

 

Hai ocasións nas que hai que dicilo con un corazón. E para iso están estas piruletas cheas de amor. 

AS CATIVAS

 

Diseñadas especialmente para eventos infantís, con múltiples temáticas, e opción de personalización. 



AS OBREIRAS

 

Porque as nosas piruletas valen para calquer ocasión, as obreiras son perfectas para promocionar o teu proxecto.

AS GARBOSAS

 

Presumidas como elas solas, énchense de complementos para ser as máis engalanadas da volta.



AS DO XASTRE

 

Feitas a medida, con nomes, frases, cores, figuriñas de azucre...

Totalmente ao teu gusto!

AS TIP TOP

 

Os nosos súper ventas.