FAQ

Aquí encontrarás resposta a maioría das túas preguntas, pero se hai algo que todavía non che queda claro, non dubides en contactar con nós a través do noso mail hola@cousarica.com ou a través do formulario da nosa páxina web pinchando aquí.

 - ¿TEDES OPCIÓNS PARA DIABÉTICOS?

Sí. Todos temos dereito a permitirnos algún capricho, polo cal facemos tamén algúns modelos das nosas piruletas Riquiñas con Isomalt, baixo pedido e cun recargo de 0,30€ por unidade. O Isomalt é un edulcorante sen azucre, coa mesma textura e apariencia. Este producto deriva do azucre pero é baixo en calorías e ademáis, non produce caries! 

 

- ¿TEDES OPCIÓNS PARA CELÍACOS?

Por suposto. Hai algúns modelos que non conteñen gluten, lácteos nin derivados dos froitos secos. Consúltanos cáles son!

 

- ¿CÓMO ENVASADES AS RIQUIÑAS?

Cada piruelta vai dentro dunha bolsiña de plástico e atada a man con corda de rafia. Opcionalmente podemos engadir lazos de cores ou outro tipo de materiais. 

 

- ¿CÁNTO TEMPO DE CADUCIDADE TEÑEN?

Recomendamos o consumo no mes seguinte á súa fabricación, xa que co paso do tempo irán perdendo as súas propiedades e se entran en contacto coa humidade do ambiente volveranse pegañentas e de cor opaca. Para unha mellor conservacións recomendamos mantelas dentro dun envase hermético en condicións de baixa humidade e temperatura (NON frigorífico).

 

- ¿QUÉ SABORES TEÑEN MÁIS ÉXITO?

Os máis vendidos son o de vainilla con semillas (con cor), froitas do bosque, sandía, mango, lima... en xeneral todos os de sabores a froita. 

 

- ¿VAN UNIDOS SABOR E COR?

Non sempre. Hai diferentes sabores que podemos conseguir sen que porporcionen cor ao caramelo, pero outros non. 

 

- ¿INCLÚEN ETIQUETA?

Por defecto inclúen sen cargo a etiqueta de Cousa Rica.

 

- ¿PODO ENGADIR UNHA ETIQUETA PERSONALIZADA?

Por suposto! Podes escoller unha das que nós che facilitamos, facernos chegar as túas, ou colocarllas tí mesm@ cando recibas o pedido. 

 

- ¿CON CÁNTO TEMPO DE ANTELACIÓN DEBO FACER O MEU PEDIDO?

O tempo de fabricación é de 15 días, pero canto antes fagas o pedido mellor, xa que a elaboracion é totalmente artesanal, e a nosa producción é limitada. Se necesitas o teu pedido para antes de este prazo, indícanolo en observacións e decímosche se podemos entregarcho a tempo. 

 

- TEMPO DE ENTREGA

A fabricación das riquiñeas é de 15 días, e o plazo de entrega é de 48/72 horas, Tamén podes elexir envío express 24 horas ou entrega en sábado.

 

- ¿CÓMO PODO FACER O PAGO DO MEU PEDIDO?

Por transferencia bancaria, paypal, bizuum. ou en efectivo se pasas tí mesmo a recollelas. O noso obrador está en Avda. Mourelle N1 Baixo 4, en Santa Comba (A Coruña).

 

- ¿HAI ALGÚN DESCONTO POR VOLUME? 

Sí, a partires de 200 riquiñas calcularemos o prezo independentemente. Contacta con nós para un presuposto a medida

 

- ¿ A DÓNDE ENVIADES AS VOSAS RIQUIÑAS?

A toda España e Portugal. Se necesitas un envío a outros países, ponte en contacto con nós.

 

- ¿CALES SON OS GASTOS DE ENVÍO?

Galicia _ 5,90 €

Canarias e Baleares _ 15,00 €

Ceuta e Melilla _ 30,00 €

Resto de España _ 6,50 €

Portugal _ 8,00 €

 

- ¿CÓMO PODO FACER O MEU PEDIDO?

A través do cuestionario que encontrarás no apartado "FAI O TEU PEDIDO" dentro da sección "RIQUIÑAS ONLINE"