podemos ofrecerche todo tipo de servizos

Este mundo é tan amplio, que nin nós mesmos sabemos ata onde podemos chegar... 

Continuamente estánnos a pedir servizos novos ou servizos xa existentes pero orientados a ocasións que nunca se nos pasaran antes pola cabeza. Polo cal, se tes algunha idea ou tes algunha necesidade pero non sabes cómo levala a cabo, non dudes en propoñérnolo. Encántanos innovar e chíflannos os retos!

MOJITOS E CAIPIRINHAS

Todo un clásico que sempre recomendamos. Jorge ten familia en Brasil e será por eso que as nosas caipirinhas arrasan alá onde van. Ademáis, ao igual que os mojitos, podemos facelas de diferentes sabores (frutas do bosque, kiwi, piña,...). Tamén temos algunhas versións distintas do mojito, con sabor a vainilla, con whisky, licor de herbas,... e algo moi importante, unha versión sen alcohol!

CÓCTELES

Sempre, sempre, sempre funionan. É o noso servizo número un. Ofrecemos un listado de cócteles clásicos (que non por elo "aburridos") e outros do noso propio recetario, como o "Suspiro de Noite". Aconsellarémosvos en función do tipo de evento, idade, lugar, momento do día... 

Pero recomendámolo para absolutamente calquer tipo de evento. 

GIN TÓNICS PREMIUM

O noso servizo máis "chic" e exclusivo. 

Unha ampla variedade de xenebras premium, afrutadas, secas, cítricas,... Todas elas servidas con moito mimo e cariño, coa tónica que mellor lle queda a cada unha e preparadas co seu perfect serve. 

Como non podía ser de outra maneira, servímolas en unhas copas apropiadas para degustar este combinado da mellor forma. 


VERMOUTHS

Como en Galicia somos moi verbeneiros e coa gran cantidade de referencias que están saíndo ao mercado de esta bebida, decidimos crear unha barra de vermouths. Para todos aqueles que queiran facer da súa festa unha verbena. Traballamos con vermouths arteanais, servidos con froitas, herbas aromáticas e algúns secretos...

TÉS FRÍOS

Un servizo ideal para festas pequenas, cumpreanos, comidas de amigos, merendas de empresa... Ou tamén como regalo para uns amigos ou familiares que se casen, xa que é o noso servizo máis económico pero non por elo menos atractivo. 

Ademáis, a partires do 2018 poderás disfrutalo no noso triciclo.

FRAPPÉS, SMOOTHIES E GRANIZADOS

Un éxito asegurado en comunións e festas de cativos. Encántalles o xeado, e se por riba os adornas con galletas, donuts e chocolate, acaban desistindo ata os maiores...

Ademáis, os nosos xeados son feitos por nós, co cal temos infinidade de sabores e conseguimos unhas texturas súper cremosas.


CAFÉS

Almorzos para empresas, festas gastronómicas, vodas nas que non queren o típico café de termo ou simplemente para namorados do café. A ocasión que ti queiras! Cómo non, tamén temos os nosos cafés "de autor": aromatizados, xeados, con orixinais sabores... un montón de posibilidades!

ZUMES

O complemento ideal para a barra de cafés en determinados eventos. Temos zumes detox, antioxidantes, enerxizantes,... que podemos preparar no momento ou embotellar previamente para eventos con alto número de asistentes.

Todos eles 100% naturais.

BAR

Un dos últimos servizos demandados para casas privadas, salidas de igrexas ou eventos que non conten con cafeterías e bares cercanos. En él incluimos auga, refrescos, viño e vermouth.